Benvidos á web de APOEGAL

A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia, APOEGAL, constituíuse formalmente o 26 de novembro de 2004, nunha xornada na que representantes das catro provincias decidiron aprobar os seus estatutos e inaugurar así unha nova páxina na historia da orientación da comunidade galega.

Esta acción responde a unha demanda do propio colectivo, que dende hai xa algún tempo detectou a necesidade de aglutinar esforzos e coordinar actuacións de cara a optimizar o funcionamento dos Departamentos de Orientación distribuídos polos diferentes puntos da xeografía galega.

APOEGAL na rede

APOEGAL en Facebook.